Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 26/02/2025 | El CDR O Viso reclama blindar las pensiones

O CDR O Viso reclama a blindaxe das pensións

Súmase, unha vez máis, á campaña da Mesa Estatal pola Blindaxe das Pensións na Constitución (MERP)

26/02/2025

En xaneiro o Goberno Central bloqueou, co apoio das forzas conservadoras; un decreto que garantiría a actualización das pensións conforme ó IPC real. O acontecido no poder lexislativo no último mes é unha nova mostra de que as pensións están suxeitas ás disputas partidistas e non están blindadas para o futuro inmediato nin, moito menos, a longo prazo.
O CDR apoia así a mensaxe da MERP ó reclamar que “é necesaria unha reforma da Constitución, que prohiba expresamente a privatización total ou parcial das pensións públicas e a perda de poder adquisitivo, recibindo un tratamento como dereito fundamental”.
O movemento para a blindaxe das pensións leva anos traballando e alcanzou un novo nivel en outubro en resposta ás ameazas políticas que chegan dende  Bruxelas e a famosa “cláusula de peche” e para exixir o cese dunhas accións que enfrontan á mocidade cos e coas pensionistas, ós traballadores e traballadoras con pensionistas e ás persoas que perciben a pensión mínima coas persoas que perciben a máxima creando un ambiente arisco nas bases da sociedade creando as condicións ideais para degradar as pensións públicas.
O Centro de Desenvolvemento Rural está incorporando esta mensaxe dun xeito transversal nas súas liñas de acción, principalmente no traballo coa mocidade e familias para combater a asociación de ideas entre pensións e persoas maiores e para defender o dereito ás pensións das xeracións que hoxe son nenos, nenas e adolescentes porque "somos 48 millóns de persoas afectadas".
Esta acción forma parte do Programa Integral, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, dentro da subvención para a implantación de programas de interese social con cargo á asignación fiscal do 0,7% do IRPF. Xunta de Galicia
 
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias