Noticias
© CDR O Viso | 25/02/2025 | Banco de alimentos
O Banco de Alimentos de Ourense reforza a súa acción solidaria no medio rural
Programa de Atención ás Necesidades Básicas: CDR O Viso
25/02/2025
O 6 de febreiro, o Banco de Alimentos de Ourense continuou coa súa destacada labor de apoio ás persoas en situación de vulnerabilidade, especialmente nas zonas rurais da provincia. A través da entrega de alimentos non perecedoiros, levamos a cabo o Programa de Atención ás Necesidades Básicas, co obxectivo de aliviar as carencias alimentarias de persoas e familias que atravesan dificultades económicas, principalmente en aquelas áreas onde os recursos son máis limitados. Este programa, de gran importancia social, busca mellorar a calidade de vida das persoas máis desfavorecidas, proporcionando un apoio esencial en momentos de necesidade.
Produtos como arroz, pasta, conservas e legumes son os alimentos distribuídos grazas á colaboración de diversas entidades, empresas e persoas voluntarias. Estes alimentos proporcionan un apoio fundamental ás familias que loitan por cubrir as súas necesidades alimentarias. A través deste programa, o Banco de Alimentos asegura que ningunha persoa quede sen acceso aos recursos vitais para a súa subsistencia.
Ademais, desde o CDR “O Viso” tamén se subliña a importancia de sensibilizar á cidadanía sobre as dificultades que afectan ao medio rural. Lembran que as carencias no entorno rural non sempre son percibidas pola sociedade urbana, polo que é crucial continuar traballando para mellorar a calidade de vida das persoas que residen nestas zonas.
A iniciativa do Banco de Alimentos de Ourense reafirma o seu compromiso coa loita contra a pobreza e a exclusión social. Fai un chamamento á solidariedade para asegurar que as accións continúen a ser eficaces e cheguen cada vez a máis persoas necesitadas.
Esta acción forma parte do Programa de Atención ás Necesidades Básicas, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, dentro da subvención para a implantación de programas de interese social con cargo á asignación fiscal do 0,7% do IRPF. @Xunta de Galicia

Arquivada en:
Infórmate > Noticias