Noticias
© CDR O Viso | 19/03/2024 | Rampa casa
Derrubamos barreiras!
Unha vivenda accesible é unha oportunidade de quedar
19/03/2024
Moitas veces as vivendas das zonas rurais non son as adecuadas para aquelas persoas que por diversas causas ven reducida a súa mobilidade; por iso é imprescindible tomar medidas que garantan a estadía das persoas nos seus fogares o máximo tempo posible. Neste sentido, dende o proxecto Biocuidados apoiamos a aquelas persoas que precisan algunha adaptación na súa casa para seguir desfrutando do seu entorno e familia.
Fai un mes puxemos o noso gran de area para que unha das participantes deste proxecto puidese seguir tendo acceso ao seu fogar a través dunha rampa que permite entrar ao domicilio sen usar as escaleiras. Trátase dunha persoa que a miúdo ten moitas dificultades para acceder e a nosa aportación vai diso, de favorecer o acceso, de manter, de dar a oportunidade e de propiciar que as persoas poidan seguir nos seus fogares e polo tanto na comunidade.
Por un rural accesible e habitable!
Esta acción enmárcase no proxecto #BIOCOIDADOS: NOVOS MODELOS DE COIDADO PRESTADOS POLA COMUNIDADE, CENTRADOS NA PERSOA, EN CONTORNAS RURAIS; está vinculado ao Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e financiado pola Unión Europea- Next GenerationEU, proxecto piloto promovido pola Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)
Arquivada en:
Infórmate > Noticias