Noticias
© CDR O Viso | 30/12/2023 | Semilleros
Cultivando a atención
Porque o que non se mide non se pode mellorar
30/12/2023 | A Limia
Nestas datas, fin de ano, é costume repasar como foi; unha maneira de cultivar a atención; tamén comunicar, como recoñecemento cara a nosa marca. Por coherencia convén revisar, analizar os modelos de conducta que personificamos, que cambios queremos introducir, o necesario desenvolvemento de talento e habilidades para comportarnos, se contribuímos a transformar... porque o que non se mide non se pode mellorar.
Velaquí informacións, datos, achegas dalgúns dos nosos programas, do noso traballo:
1.O balance dos proxectos contra o despoboamento do CDR O Viso, ambos financiados polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 con cargo ós fondos europeos para os Obxectivos para o Desenvolvemento Sostible e recadación do IRPF estatal respectivamente, no ano 2023, é altamente positivo. Fixéronse axustes na metodoloxía para concluír que a dispoñibilidade de recursos habitacionais de transición para que as familias poidan chegar á comarca e ter unha residencia temporal sobre a que avanzar nos seus propios obxectivos é sinónimo de éxito. Probouse con varias familias. Dúas delas instaláronse nun piso alugado polo CDR antes de atopar a súa propia vivenda. Noutros caso a vivenda temporal foi o albergue o Campiño, no que era a casa reitoral de Lodoselo.
Así, ata 12 persoas de 4 familias chegaron á Limia este ano da man do CDR O Viso sen ter ningún tipo de vínculo previo coa comarca. Dúas para o Concello de Xinzo, unha para Os Blancos e outra para Sandiás. Ademais, outras 9 familias asentaron os seus proxectos de transición ó rural grazas á labor do persoal dos proxectos contra o despoboamento.
Rexistráronse máis de 100 demandas de interese na zona. Continuarase no próximo ano aínda que contando cunha única fonte de financiación (IRPF).
2. O Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES) desenvolvémolo durante os anos comprendidos entre 2020 e 2023. A actividade do proxecto consistiu na elaboración de itinerarios de carácter laboral, adaptados á zona rural da Comarca da Limia e ás necesidades das persoas participantes.
Entre os obxectivos específicos cabe destacar que se busca mellorar a inserción sociolaboral das persoas, promover a igualdade de oportunidades e o acompañamento e asesoramento individualizado. Todo isto, co fin de fomentar a autonomía e o compromiso no proceso de inserción social e laboral das persoas participantes .
Tamén se realizaron formacións a distancia en diversas áreas, que permitiron que as persoas melloraran as súas competencias profesionais. Entre elas atópanse: Administración de Alimentos e Tratamentos a Persoas Dependentes en Domicilio, Primeiros Auxilios a Persoas con Discapacidade, Xestión Básica de Almacén, etc.
O número total de persoas atendidas nestes anos foron: 192. O total de persoas inseridas laboralmente: 64 (un 32,47%). E por último, o total de persoas formadas:150.
Facendo fincapé neste último período do ano 2023, péchase POISES con 40 persoas atendidas con itinerarios laborais completos, 40 persoas que conseguiron rematar con éxito algún tipo de formación e 10 persoas inseridas laboralmente.
3. Dende a Área social, Traballo Social do CDR resaltamos as seguintes actuacións:
- Atención / información: Máis de 125 familias (máis de 300 persoas).
- Programa de Emerxencias: Cos programas de Atención ás Necesidades Básicas e o de Provisión de Recursos Básicos, realizáronse repartos semanais tanto de alimentos frescos e non perecedoiros, procedentes das doacións dos supermercados de Xinzo, a máis de 70 familias (máis de 200 persoas en total). Cabe destacar que entre os meses de Xaneiro e Xullo, o número de familias que se atendían cada semana neste programa eran 5. A partir do mes de Xullo, a atención ampliouse ata acadar as 9 familias por semana.
- Programa de Alimentos Europeos: Realizado en 2 fases:
- 1ª fase: Reparto de 1.754 kg de alimentos non perecedoiros a 32 familias (77 persoas)
- 2ª fase: Reparto de 2.911 kg de alimentos non perecedoiros a 38 familias (100 persoas)
- Valoracións Sociais: Sobre 150 valoracións
4. O programa Transformación Dixital para o desenvolvemento no medio rural está subvencionado pola Unión Europea a través do programa NEXTGENERATIONEU. Está encamiñado a actualizar e transformar dixitalmente entidades coma o CDR ó longo do ano 2023 e o primeiro trimestre do 2024. No ano que remata, fixéronse actualizacións a nivel informático con compras de novos equipos, melloras na visibilidade da web corporativa, adquisicións de gafas virtuais para terapias con maiores, implantacións de sistemas de domótica e estase a desenvolver un programa integral de xestión (un ERP) que se implantará no primeiro trimestre do 2024.
Demostramos que o rural tamén ten un papel importante na dixitalización da sociedade actual. Ademais coa dixitalización conseguimos unir a todas as xeracións para que la fenda dixital se reduza e desapareza.
5. Durante o ano 2023, nas actividades que se levaron a cabo na Área educativa, participaron máis de 1000 persoas. No Pobo Escola recibimos a 800 rapaces e rapazas de 30 centros educativos e/ou escolas infantís da provincia e no Concilia de Verán atendéronse a 120 familias durante os meses de xullo e agosto coa participación de preto de 160 nenos e nenas. No programa de educación infantil familiar participaron 80 familias ó longo do curso escolar. Ademais traballouse en colaboración cos centros educativos da comarca en actividades diversas como: promoción dos dereitos da infancia, recuperación dos tradicionais cantos de reis, campañas de igualdade e contra a violencia de xénero, educación social nos IES, colaboración con EDUCO na campaña mundial da educación e prevención da violencia nos espazos educativos, entre outras.

Agora mesmo estamos colaborando co CEIP Rosalía de Castro no proxecto "Mulleres Ilustradas da Limia", para recoller historias de mulleres da nosa comarca, poñelas en valor e recoñecer as súas traxectorias. Estamos coa fase de recollida de información, e convidamos á participación a quen nos escoite, co obxectivo de elaborar unha publicación, un libro que recolla todas as historias, e ilustrado polas rapazas e rapaces do Ceip Rosalía de Castro.
Máis alá dos datos numéricos, gustaríanos destacar a conformación dun equipo educativo que ten a misión de seguir traballando cunha mirada de respecto absoluto á infancia e a toda persoa. O Coidarme, coidarte, coidarnos como xeito de ser e estar no mundo. Comprometémonos a seguir aprendendo e seguirnos formando para garantir a maior participación da comunidade nos nosos proxectos.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias