Accesibilidad

Noticias 

© GDR Limia Arnoia | 13/12/2023 | Na Casa da Lagoa 3

Xeodestino A Limia

Na procura dun turismo responsable, consciente, rexenerativo, creativo, experiencial.

13/12/2023

Así é como aparecen os xeodestinos na rede: “Descubrímosche Galicia da maneira máis natural, unha visión posta ao día dos espazos turísticos”.
Un xeodestino é unha área xeográfica que comparte unha homoxeneidade territorial baseada nos seus recursos turísticos, naturais, patrimoniais e culturais, con capacidade para conseguir atraer fluxos de visitantes e que conforma unha homoxeneidade turística diferenciada e singular.
Está recollido na lei 7/2011 pola que se rexe o sector turístico de Galicia e deixa claro que se trata de espazos establecidos en función de criterios turísticos, polo que nada teñen que ver coa organización administrativa.
O xeodestino A Limia abrangue  os Concellos de Baltar, Calvos de Randín, Porqueira, Trasmiras, Sandiás, Sarreaus, Xinzo de Limia, Os Blancos e Rairiz de Veiga.
Arrancamos participando como CDR o 22 de novembro en Baltar onde se celebrou a primeira sesión dun “curso de turismo ornitolóxico” dirixido, sobre todo, a profesionais do turismo e técnicos/as dos concellos que integran o Xeodestino A Limia. Agora o 11 e 12 de decembro continuamos na Casa da Lagoa en Sandiás con esta actividade da man de Alfonso Polvorinos tratando de ir máis aló e aprendermos a deseñar productos de ecoturismo. Un turismo da biodiversidade e xeodiversidade co prisma da conservación. Responsable, consciente, rexenerativo, creativo, experiencial. 
Un luxo compartir este tempo con este especialista e un grupiño de persoas que ansiamos resignificar a nosa contorna. Toca agora construírmos un “produto”. E comezamos facendo un DAFO, analizando as debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades do territorio; compartindo as nosas achegas e implicándonos en seguir contribuíndo neste empeño de darlle forma ó xeodestino A Limia. É unha iniciativa promovida polo GDR Limia Arnoia.
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias