Noticias
© CDR O Viso | 28/11/2023 | IES de Rianxo 1
Acollemos a visita dun ciclo do IES Félix Muriel, de Rianxo
O Ciclo Formativo de Grao Medio en Atención a Persoas en Situación de Dependencia
28/11/2023 | Lodoselo
O luns día 27 de Novembro tivemos a agradable visita do alumnado que está a cursar Formación Profesional de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes no IES Félix Muriel de Rianxo. Dixérannos que querían saír do formato das charlas maxistrais e facer unha visita máis vivencial.
O día contribuíu e puidemos facer o percorrido dende a antiga escola, o Albergue, a Vivenda Comunitaria "A túa outra casa", o Centro Lodoselo (coa Casa Niño, o Xardín Sensorial...) e, ata a cociña onde facemos comida para o comedor e para levar a 120 domicilios por toda a Comarca da Limia.
Puideron ver as instalacións en funcionamento, mentres o Toño lles contaba a orixe e a andadura do CDR e as compañeiras Helena, María José e Guadalupe, explicaban o funcionamento dos Servizos de Proximidade, da Vivenda Comunitaria e a metodoloxía baseada no Modelo de Atención Integral Centrada na Persoa coa que traballamos.
Pero o máis vivencial da experiencia foi escoitar a testemuña das verdadeiras persoas protagonistas. Lourdes e Susana falaron do que ten significado para elas participar no Programa de Biocoidados e do seu sentimento de pertenza como recentes voluntarias no CDR O Viso.
Mateos, xunto a súa profesional de referencia Elena, explicou como colabora, de voluntario, nas labores de organización dos alimentos que se destinan a persoas en situación de vulnerabilidade ou a súa colaboración na Radio do Centro (Radio Lodoselo). Ricardo, xunto a súa profesional de referencia, Patricia, explicou como vai cumprir o seu desexo de volver a montar en bici.
Acoller esta vista foi, unha vez máis, recibir a persoas co interese de coñecernos en profundidade e compartir experiencias; moitas grazas ó profesorado por escollernos e ó alumnado do IES Felix Muriel, pola súa atención, observación, escoita, participación... Para todas e todos compartir vivencias no traballo de coidar e coidarnos.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias