Noticias
Sábado en familia
Casas da Memoria, minas, pedras, paisaxe, historia...
30/10/2023
Pasamos unha mañá de sábado (28 de outubro) polo monte de Lodoselo e Nocelo, coñecendo algo da Borraxe e O Viso (minas, pedras, paisaxe, historia...) aprendendo con Tomás tamén as funcións dos fungos na terra. Temos moito patrimonio na nosa contorna e moitas persoas fantásticas que nos fan partícipes da súa sabedoría. Un día propio de outono. E terminamos na casa reitoral preparando e comendo os cogomelos que collemos, empanadas... e gozando da boa compañía e da sintonía que sentimos ao facer o que facemos.
Este é un lecer que nos presta! Nenas, nenos, nais, pais, avoas, avós... toda persoa é benvida. O Punto de encontro e de partida foron as Casas da Memoria, no barrio do Outeiro en Lodoselo.
Este é un lecer que nos presta! Nenas, nenos, nais, pais, avoas, avós... toda persoa é benvida. O Punto de encontro e de partida foron as Casas da Memoria, no barrio do Outeiro en Lodoselo.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias