Noticias
© CDR O Viso | 21/09/2023 | Día mundial del Alzheimer
Unha condición de saúde que nos incumbe a todxs como comunidade
21 de setembro: Día Mundial do Alzheimer
21/09/2023 | Lodoselo
A enfermidade de Alzheimer é a causa máis común de demencia e caracterízase pola deterioración gradual de habilidades como son a memoria, o pensamento, o comportamento, as habilidades sociais e a funcionalidade da persoa.
Só en Galicia, na actualidade, hai 70.500 persoas diagnosticadas de Alzheimer, sendo a prevalencia máis alta conforme aumenta a idade.
A detección precoz é fundamental para retardar e previr a sintomatoloxía polo que algúns dos signos máis comúns son:
- Cambios na personalidade e o estado anímico.
- Dificultade para o desempeño de actividades cotiás.
- Desorientación en tempo e/o lugar.
- Perda de memoria recente.
- Problemas na comunicación e as relacións sociais.
- Deterioración na capacidade de movemento ou ao camiñar.
Por iso, desde o CDR O Viso convidámosvos a que prestedes atención a uns pequenos consellos cotiáns que facilitan a inclusión das persoas con Alzheimer na comunidade, reforzan as relacións sociais, manteñen os vínculos coa contorna e, con iso, melloran a calidade de vida das persoas:
- Simplifica a linguaxe na conversación e evita infantilizar a túa expresión.
- Non forces a comunicación, respecta os tempos e evita preguntas como: acórdaste de?, como non te vas acordar?, quen é esta persoa..?...
- Teña unha posición de escoita activa.
- Coñece e ten en conta a opinión da persoa.
- Evite as situacións que resulten descoñecidas ou invasivas para a persoa.
- Manteña a rutina da persoa establecida con anterioridade, adaptada sempre ás capacidades preservadas.
- Normalice a participación da persoa en actividades de lecer e tempo libre.
- Acompañe á persoa no desempeño dunha ocupación facéndoa partícipe e protagonista da mesma.
Hoxe, nós, desde Lodoselo, cos nosos maiores e compañeiras/pasámosvos unha xornada enriquecedora realizando actividades de concienciación, reivindicación e visualización desta condición de saúde e todo o que esta engloba!! Onde tamén reflexionamos sobre a necesidade de fomentar os servizos terapéuticos no rural, da importancia que ten o papel do coidador e os dereitos das persoas con Alzheimer.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias