Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 03/12/2025 | Día Internacional das persoas con discapacidade

Día Mundial das Persoas con Discapacidade: un recordatorio da nosa diversidade común

Celebramos a pertenenza a unha comunidade diversa, rica e unida

03/12/2025

Hoxe, 3 de decembro, celebramos o Día Mundial das Persoas con Discapacidade ou con Diversidade funcional como tamén se di, unha data para poñer en valor algo fundamental: todas e todos formamos parte dunha sociedade diversa, onde cada persoa percorre o seu propio camiño, cos seus ritmos, capacidades, retos e tamén con innumerables logros que merecen ser recoñecidos.
A diversidade non debe ser vista como un obstáculo, senón como aquilo que enche de riqueza e humanidade o noso día a día. É forza, é identidade, é comunidade. Lémbranos que non existen dúas vidas iguais, e que precisamente aí reside o valor da convivencia.
Hoxe, máis ca nunca, facemos soar a nosa mensaxe con claridade:
Temos os mesmos dereitos.
Merecemos as mesmas oportunidades.
E necesitamos e esiximos o mesmo respecto.
A inclusión non é un favor nin unha excepción. É un dereito, unha realidade que debe formar parte natural de todas as estruturas sociais. Porque unha sociedade que non garante accesibilidade é unha sociedade incompleta, e unha sociedade que non escoita a todas as persoas non pode avanzar cara o futuro que desexa construír.
Este día é, ao mesmo tempo, celebración, recoñecemento e chamada á acción. Lembranza de que a diversidade é un dos piares que nos fai verdadeiramente humanos.
3 de decembro: moito máis ca unha data no calendario.
É un compromiso, unha responsabilidade compartida e un impulso para seguir construíndo un mundo onde ninguén quede atrás.
Esta actividade forma parte do programa Capacidade Inclusiva, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, dentro da subvención para a implantación de programas de interese social con cargo á asignación fiscal do 0,7% do IRPF. ‪@xuntadegalicia‬.‬
 
https://www.youtube.com/watch?v=cX8doGNXO4U Día Internacional das persoas con discapacidade! #galicia #discapacidad #derechoshumanos #CDROVISO

Arquivada en:
Infórmate > Noticias