Noticias
© CDR O Viso | 02/12/2025 | Limpando o camiño 2025
Escollendo o correcto e non o fácil
Limpar os camiños das areeiras, obxectivo comunitario
01/12/2025
O Concello de Sandiás, da man do Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, apostou por unha primeira fase de limpeza que consistiu nunha batida de voluntariado que será complementada cun traballo mecanizado nas próximas semanas.
Ducias de persoas reaccionaron ó chamamento das dúas entidades, Concello de Sandiás e CDR O Viso, para comezar a limpar os camiños que decorren entre as areeiras, símbolo dun sector económico que esmorece pero que alberga inescrutables oportunidades tanto do plano ambiental coma turístico.
Entre os residuos máis abondosos atópanse restos das persoas que frecuenta, por motivos recreativos ou laborais, a zona na que noutrora se extraera area para a industria de todo o País. Moreas de latas de bebidas, innumerables envases plásticos e unha manchea de panos de papel de uso persoal arroxan unha realidade dolorosa e incontestable: as persoas que usan o espazo son as persoas que o emporcan. O simple xesto de incorporar unha bolsa canda o resto de pertenzas permitiría que deixar de xerar lixo nun entorno privilexiado. As entidades organizadoras convidan á sociedade a sumarse ós diferentes movementos restaurativos que existen para a vista a espazos naturais.
A segunda fase, a que empregará máquinas e persoal especializado, atenderá principalmente ós residuos de orixe agrícola e industrial entre os que destacan numerosos pneumáticos e plásticos, principalmente polietilenos.
Cómpre recordar que o Camiño de Santiago, permanentemente apoiado polas Administracións, atravesa o mesmo espazo que se comezou a limpar por unha cuestión de dignidade, prestixio e futuro.
Esta actividade forma parte do programa Voluntariado Ambiental, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, dentro da subvención para a implantación de programas de interese social con cargo á asignación fiscal do 0,7% do IRPF.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias