Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 17/10/2025 | Día da muller rural 2025

Día da Muller Rural, tamén en Lodoselo

Activando e fortalecendo lazos de cooperación e apoio mutuo

17/10/2025

O 15 de outubro en Lodoselo xuntámonos para celebrar, lembrar e poñernos en valor a nós mesmas. Porque se algo sabemos facer ben no rural é coidar, pero ás veces esquecemos coidarnos tamén.
No “Encontro polo Día da Muller Rural” compartimos historias, risas e moita emoción diante da exposición “De raíces fondas a horizontes amplos. Mulleres de terra e futuro”. Houbo quen se atopou na foto que xa nin lembraba ter feito —recoñecéndose por un anel, un pano ou simplemente polo recordo dun momento bonito.
Foi un día de reencontro, de conversa e de comunidade, deses que che deixan o corazón quente e che fan sentir parte de algo máis grande.
Este encontro forma parte do programa “Sembrando Igualdad” de COCEDER, co que seguimos traballando para facer visible o papel das mulleres no rural e lembrar que sen nós, o rural non sería o que é.
Porque somos raíces, somos futuro e somos forza.
Esta actividade enmárcase dentro do programa “Sembrando igualdad: contra la violencia oculta, invisible y normalizada en el medio rural”, promovido por COCEDER e financiado polo Ministerio de Igualdad.
 
https://www.coceder.org/comunicaciones/noticias/coceder-celebra-el-dia-de-la-mujer-rural-con-diversas-actividades-en-varias-comarcas

Arquivada en:
Infórmate > Noticias