Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 18/05/2025 | Dominó no Cddía

O dominó como ferramenta de aprendizaxe, relación e coidado

Á procura da estratexia óptima

18/05/2025

No CDR O Viso, entendemos os tempos de descanso e lecer como espazos tan valiosos como os formativos. Nestes momentos, propomos actividades sinxelas que, alén de entreter, achegan múltiples beneficios ás persoas participantes. Un exemplo é o xogo do dominó.
A través dunha dinámica sinxela e coñecida por moitas persoas, trabállanse capacidades cognitivas como a memoria, a atención sostida, a percepción visual ou a planificación. Ao mesmo tempo, promóvese o control da impulsividade e o respecto polas normas e polos tempos das demais persoas participantes.
Esta actividade tamén implica un nivel moderado de movemento físico, xa que require mobilizar os brazos e o tronco ao colocar as fichas sobre a mesa, o que a fai especialmente axeitada para traballar a motricidade fina e a coordinación.
O dominó convértese así nunha ferramenta educativa, relacional e terapéutica, que permite fortalecer vínculos, estimular a mente e favorecer unha participación activa, divertida e inclusiva.
No noso día a día, buscamos estas pequenas accións con grande valor transformador. Porque xogar tamén é coidar.
Esta actividade forma parte do Programa Cos Meus, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, dentro da subvención para a implantación de programas de interese social con cargo á asignación fiscal do 0,7% do IRPF.
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias