Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 08/03/2024 | 8 M 2024 5

Sensibilizando sobre a importancia de construír un mundo equitativo

Con motivo do 8M

08/03/2024 | A Limia

No Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso”, a igualdade é o noso compromiso constante, e traballámolo incansabelmente todos os días do ano. Alén diso, realizamos accións específicas nos CEIP da comarca da Limia e no Centro Lodoselo para sensibilizar ás crianzas e a toda a poboación sobre a importancia de construírmos un mundo equitativo, onde todas as persoas teñan os mesmos dereitos.
Desta volta, estivemos a levar a cabo unha actividade ben interesante nas escolas: estivemos a "repensar" as coplas da música tradicional galega, a nosa. Atopamos moitos versos cun claro carácter machista. É fundamental darlle a volta ás cantigas que non respectan, insultan, agriden verbalmente e prexudican, pois están totalmente fóra de lugar.
Por que é o Andrés quen lidera a actividade polo Día da Muller? Porque é cantareiro e pandeireteiro; porque ten plena consciencia de xénero; porque soña cun mundo máis igualitario e porque aspiramos a que na nosa comunidade todas as persoas, independentemente de como se identifiquen, teñan os mesmos dereitos.
Ademais, é importante destacar que realizamos actividades nesta liña ao longo do ano: Curtametraxe 25N, Mulleres Ilustradas coa ANPA e CEIP Rosalía de Castro, obradoiros para mulleres, xornadas de empoderamento, sensibilización e moito máis. Xuntas, estamos a construír un futuro máis xusto e igualitario.
Programa ELAS, financiado ao abeiro da Resolución do 7 de setembro de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvenciones destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto sobre sociedades no ano 2023.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias