Accesibilidad

Noticias 

© CDR "O Viso" | 28/04/2023 | Itinerarios Inclusión

Itinerarios de inclusión social e laboral

Convocatoria ponte

28/04/2023

Nesta convocatoria ponte (01-Xullo-2022 ata 30-Abril-2023) e, no marco da súa Área de inclusión social e laboral, dende o C.D.R. “O Viso” deuse continuidade ó Programa RuralEmpréga-T e Includere, de orientación e intermediación laboral con colectivos en risco de exclusión social, que se enmarca nos artigo 4.1.b.2º.1.2. Prestación do servizo de apoio á inclusión sociolaboral da sección de inclusión e transición ó emprego, e 4.1.b.2º.1.1 Prestación do servizo de apoio á inclusión sociolaboral da sección de inclusión básica, financiada ao abeiro da Orde de 4 de maio de 2020 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvenciones a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servicios sociais comunitarios e inclusión social, e se convocan para os anos 2020, 2021 e 2022, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020.

Esta actuación de continuidade desenvolveuse na Comarca da Limia e facilitáronse procesos de cambio persoal e social mellorando a calidade de vida de persoas en risco de exclusión social. As persoas participantes no Programa, dende xullo de 2022 ata abril de 2022 inclusive, foron máis de 45, das cales realizaron o seu itinerario de inclusión básica ou sociolaboral completo 24 persoas; ás restantes prestóuselle unha entrevista inicial de información e asesoramento ou sesións soltas sempre que o requiriron.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias