Noticias
© CDR O Viso | 01/05/2026 | Cartel Sosteniendo la Vida
Sumando coidados, multiplicando vida
Un ecosistema de coidados baseado na proximidade, na coordinación e na implicación comunitaria
01/05/2026
Presentamos o novo proxecto “Sostendo a vida en comunidades rurais”, unha iniciativa impulsada por COCEDER e desenvolvida por diferentes Centros de Desenvolvemento Rural do territorio español, entre eles o C.D.R. O Viso, centrando as futuras actuacións no Concello de Sarreaus.
Este proxecto nace co obxectivo de consolidar un modelo de atención innovador baseado na experiencia de BIOCUIDADOS, apostando por mellorar a efectividade e o acceso aos servizos para as persoas maiores no medio rural. Faino poñendo o foco na activación da comunidade e nun enfoque de atención centrada na persoa.
O obxectivo é claro: que as persoas maiores, especialmente aquelas en situación de maior vulnerabilidade, poidan desenvolver os seus proxectos vitais sen abandonar o seu entorno, en igualdade de oportunidades e con acceso a servizos de calidade.
Para logralo, o proxecto promove solucións innovadoras que sitúan á comunidade no centro dos coidados, entendéndoa como un elemento clave para garantir apoios próximos, sostibles e humanos.
O modelo combina dous ámbitos fundamentais:
- A comunidade de proximidade —as redes sociais e veciñais—
- A comunidade profesional —os servizos especializados—
Todo isto articúlase arredor de tres elementos clave:
✔️ Un “motor” comunitario implantado no territorio
✔️ Un espazo rural de referencia para dinamización e encontro
✔️ Un equipo profesional encargado de coordinar os servizos
Dende esta perspectiva, demóstrase que un ecosistema de coidados baseado na proximidade, na coordinación e na implicación comunitaria pode garantir o dereito das persoas maiores a permanecer no seu fogar, vivir con dignidade e decidir como e con quen queren facelo.
Fronte a modelos fragmentados, esta proposta aposta por unha resposta integral, máis eficiente e adaptada á realidade rural.
Que buscamos con este programa?
• Mellorar a calidade de vida das persoas e da comunidade
• Reducir o risco de institucionalización
• Impulsar plans de vida personalizados
• Fortalecer unha verdadeira “comunidade que coida”
Ademais, o proxecto pretende sentar as bases dun modelo de coidados rurais replicable noutros territorios, achegando evidencias para a súa integración en futuras políticas públicas.
Sostendo a Vida en comunidades rurais é un programa promovido por COCEDER e enmárcase no programa FSE+ de Inclusión Social, Garantía Infantil e Loita contra a Pobreza e está cofinanciado por a Unión Europea e o Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 dentro dos programas de interese social, con cargo do 0,7% do IRPF.

Arquivada en: