Noticias
© CDR O Viso | 28/04/2026 | Espazo areeiras. Limpeza
Xornada de limpeza nas Areeiras: natureza e comunidade
Unha acción de responsabilidade ambiental, un espazo de convivencia, participación e compromiso colectivo coa contorna
28/04/2026
O pasado sábado, 25 de abril, celebrouse unha nova edición da actividade de limpeza ambiental nas Areeiras, unha iniciativa xa consolidada que se leva a cabo en colaboración co Concello de Sandiás. Un ano máis, a xornada reuniu a preto de 25 persoas, entre veciñas e veciños e tamén participantes chegados doutros lugares, todas elas unidas polo obxectivo común de coidar e preservar o medio natural.
Durante a mañá, as persoas participantes dedicáronse á recollida de diferentes tipos de residuos, repartidos entre a fracción resto, envases e vidro presentes na contorna. En total, recolléronse arredor de 20 bolsas de lixo, o que permitiu mellorar significativamente o estado ambiental da zona e, ao mesmo tempo, poñer de relevo a importancia de manter limpos os espazos naturais e reducir o impacto da actividade humana.
Ademais, a xornada brindou a oportunidade de desfrutar dun espazo de gran valor ambiental, como son as Areeiras e os distintos observatorios da zona, permitindo ás persoas asistentes achegarse á riqueza natural do entorno e coñecer mellor a súa biodiversidade.
A actividade contou tamén cun importante compoñente educativo, grazas á presenza de Andrés Bobe, educador ambiental, a quen se quere expresar un especial agradecemento pola súa colaboración, acompañamento e polas nocións achegadas ao longo da xornada, que contribuíron a enriquecer a experiencia de todas as persoas participantes.
Así mesmo, a actividade tivo un destacado carácter social. Ao longo do percorrido, as persoas participantes compartiron un agradable paseo ao aire libre, no que puideron conversar, intercambiar experiencias e fortalecer os lazos entre elas, favorecendo o encontro entre persoas de diferentes lugares e reforzando o sentimento de comunidade.
Como peche da xornada, o grupo aproveitou para tomar un café no bar de Couso, nun ambiente distendido que serviu para poñer en común impresións e valorar tanto os aspectos positivos como aqueles puntos de mellora da actividade. Deste xeito, a limpeza das Areeiras consolidouse unha vez máis non só como unha acción de responsabilidade ambiental, senón tamén como un espazo de convivencia, participación e compromiso colectivo coa contorna.
Esta actividade forma parte do programa Voluntariado Ambiental, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, dentro da subvención para a implantación de programas de interese social con cargo á asignación fiscal do 0,7% do IRPF.

Arquivada en: