Noticias
© Área de Imaxe da UVIGO | 15/04/2026 | Cartel Actividade Facultade Ou.
A capacidade de habitar a realidade
Educación en diálogo: creatividade, convivencia e futuro
15/04/2026
Este luns 13 de abril dous membros da Área educativa do CDR O Viso estivemos na Facultade de Educación e Traballo Social en Ourense convidados por Uxía Fernández para termos unha sesión co alumnado do Grao en Educación Primaria.
Educación en diálogo: creatividade, convivencia e futuro foi o título do encontro. Unha vintena de alumnas e alumnos de 2º participaron voluntariamente na proposta. Agradecemos o convite, a participación e o recibimento que sempre temos nese espazo onde nos fan sentir parte dunha institución á que tanto lle debemos o CDR.
Deseñamos un tempiño no que tratamos de activar a participación, posibilitar a vivencia a través dunha técnica de grupo para conseguir que a reflexión, a conexión coas nosas achegas fosen significativas. E mesmo lemos unha carta de Rochi Nóvoa, mestra, como testemuña de vivir o día a día convivindo coa dúbida, que nos mantén vivas pedagoxicamente. Porque para nada tratamos de ir dar seguridade ante o futuro nin de quedarnos na nostalxia respecto dun pasado idealizado. Si, de que educar é un acto de amor e tamén de responsabilidade colectiva; da vontade profunda de aprendermos e a humildade de recoñecer os nosos erros. De sosternos na vulnerabilidade. De volver ó esencial: mirar, escoitar, estar, ser.
Graciñas ó alumnado e ás profesoras da Facultade por este tempo compartido, polo convite, polos agasallos.

Arquivada en: