Axenda de actividades
© CDR O Viso | 03/03/2026 | Cartel Charla Lodoselo
Charla informativa sobre os programas e servizos da Asociación Española Contra o Cancro en Ourense
Somos persoas necesitadas doutras persoas
09/03/2026 - 10/03/2026
Dende o C.D.R. O Viso organizamos unha charla informativa sobre os programas e servizos da Asociación Española Contra o Cancro en Ourense.
A sesión contará coa participación de Kelly Pereira e Laura Babarro, profesionais da Asociación, que nos achegarán información sobre os recursos, apoio e acompañamento que ofrecen ás persoas con cancro e ás súas familias.
Data: 9 de marzo
Hora: 16:30 h
Lugar: Centro de día Lodoselo
Un espazo para informarse, resolver dúbidas e coñecer de primeira man os servizos dispoñibles.
Esta actividade forma parte do programa de apoio e formación integral a persoas coidadoras e familias no rural, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, dentro da subvención para a implantación de programas de interese social con cargo á asignación fiscal do 0,7 % do IRPF.

Lugar de celebración:
Arquivada en:
Infórmate > Axenda de Actividades