Accesibilidad

Noticias 

© MERP | 25/02/2026 | Cartel Blindar las pensiones. 100 juristas

Hai que Blindar as Pensións na Constitución

blindarlaspensiones.es

25/02/2026

O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso é unha das Organizacións da Mesa pola Blindaxe das Pensións. Fai forza con outras 500 organizacións do estado para defender un dereito que está ameazado e que implica a toda a sociedade. Téñense presentado máis de 2 millóns de firmas de apoios á causa e este 26 de febreiro de 2026 queremos poñer o foco no futuro porque somos 49 millóns de pensionistas, presentes e futuros. 
LIgazón ó vídeo que fixemos https://youtube.com/shorts/SqZQwd4bZgE?feature=share

MANIFESTO
O futuro das pensións públicas é unha das principais prioridades do conxunto da sociedade. Máis aínda nun momento de inestabilidade e cambios que percorren todo o mundo, no que precisamos maior protección e seguridade.
Hai un debate aberto e existen diferentes alternativas políticas e económicas, pero hai unha ampla unidade no rexeitamento á privatización e á perda de poder adquisitivo das pensións públicas. Por iso, un dos grandes pasos que temos que dar é blindar as pensións na Constitución, en defensa do estado do benestar.
As persoas asinantes chamamos ao Goberno e ao Congreso dos Deputados a promover unha reforma da Constitución que outorgue ás pensións un blindaxe constitucional que non teñen na actualidade.
Unha reforma que inclúa a prohibición expresa de que calquera goberno poida recortar ou privatizar, total ou parcialmente, o Sistema Público de Pensións. Un artigo que recolla como obriga constitucional o mantemento do poder adquisitivo real das pensións públicas e, polo tanto, a imposibilidade de que ningún tipo de medida ou discriminación, xa sexan recortes, subas de impostos, copagamentos, aumento das tarifas dos servizos básicos, discapacidade ou calquera outra, poida afectar ás pensións, agás aquelas que sexan favorables para elas, aumentando a súa protección e rango como dereito constitucional.
O Sistema Público de Pensións é un piar da cohesión social, é a principal fonte de xustiza e igualdade e debe garantir as condicións de vida da maioría, porque somos 49 millóns de pensionistas, do presente ou do futuro.
A Mesa Estatal polo Blindaxe das Pensións (MERP) é xa un amplo movemento social, presente en todo o país, no que conflúen centos de organizacións e milleiros de profesionais, de moi diversas ideoloxías, sensibilidades políticas e credos relixiosos, unidas arredor dun único punto: blindar as pensións na Constitución.
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias