Noticias
© CDR O Viso | 24/09/2026 | Secours populaire français web
Todo o que é humano é noso: Secours Populaire Français
Recibimos no CDR O Viso a visita desta espectacular organización: Axuda Popular Francesa
24/09/2026
Na tarde deste pasado mércores, 23 de setembro, recibimos en Lodoselo a visita de José Luís (xerente da Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural –COCEDER- e tres persoas de Secours populaire français: Tomas Neves, responsable de proxectos en Europa, Camille Vega, secretario xeral da federación do Baixo Rin e secretario nacional encargado da educación popular e a solidariedade en Europa e Lucile Periot, secretaria xeral da federación da Creuse.
Secours Populaire Français, ou Axuda Popular Francesa, é unha organización sen ánimo de lucro que foi creada en París en 1945 para posibilitar vivir a solidariedade permitindo a todas as persoas emanciparse cun enfoque de educación popular e encontrar o seu lugar como cidadá ou cidadán. A reciprocidade, confianza, independencia, compromiso... e demais valores que os definen resúmeno no lema de que “todo o que é humano é noso”.
Os datos desta organización son espectaculares: 98 federacións que aglutinan 1.300 grupos de acollida e solidariedade entre comités e sucursais locais, estudantís ou corporativas, antenas móbiles; 98.000 persoas voluntarias, unhas 200 asociacións locais de socios en Europa e no mundo, 250 socios de empresas, 285.000 doantes...
Despois de estar pola mañá coas nosas compañeiras de Afa Bierzo (tamén membros de COCEDER) e continuar a visita na mañá do xoves pola Comarca de Monterrei co CDR Portas Abertas tiñan interese en coñecer a actualidade e traxectoria do CDR O Viso polo que intercambiamos ideas, experiencias, soños... as distintas inquedanzas e respostas en materia de desenvolvemento rural que estamos construíndo en cada lugar e deixamos a porta aberta a futuras colaboracións.
Salientar a presenza de Alberto, Tomás e Santos como persoas relevantes do CDR na temática ambiental, e máis especificamente os incendios, para responder á petición desta organización interesada en reflexionar conxuntamente sobre este asunto que tanto nos afecta a toda a cidadanía minimamente consciente. E velaquí a reflexión do Tomás: Comparar un verán, 2025, cunhas condicións climatolóxicas complicadas e favorables á propagación, e no que se queimou unha superficie da provincia de máis de 150.000 hectáreas, todo un récord. Verán do 2026, condicións climáticas e seca máis severa que no ano anterior; houbo lumes, pero nada que ver coas do ano anterior.
Para que haxa lume, ten que haber un aporte enerxético moi forte ao combustible, neste caso a vexetación do monte, este non arde por se mesmo se non hai un causante. É na orixe do lume onde hai que actuar, evitar as causas do seu inicio. Dende os medios de comunicación e dende as administracións estásenos a dar unha imaxe como que é o medio natural, a súa vexetación o inimigo, que o monte arde como algo inevitable, que hai que acostumarse a esta situación, fálase moito de que hai uns culpables, intencionalidade no seu inicio, pirómanos, neglixencias, incluso que hai detencións, isto no momento, despois esquecemento, hai algunha nova onde se nos indique que pasou con esta xente, algunha condena?... practicamente descoñecemos que se fai con eles. Resignarse a isto estanos a levar a non solucionar o grave problema. O territorio está abandonado, esquecido, nada ordenado, non hai practicamente prevención, os cartos destínanse sobre todo a extincións, pero os lumes agora son dos chamados de 6ª xeración, unha vez iniciados, moi difíciles de controlar....

E a do Santos: Diante da crise-emerxencia climática, coa alteración dos condicionantes meteorolóxicos temos que integrar estratexias que fagan máis resilentes aos ecosistemas forestais con solucións baseadas na natureza e nos coñecementos, que aínda téndoos, non se poñen en práctica polos poderes públicos. É preciso adaptarnos ao cambio climático:
* Recuperar as paisaxes de mosaico
* Substituír os monocultivos de especies "altamente inflamables" por estruturas forestais diversificadas
* Recuperar os "ecosistemas esponxa" factor clave na xestión do risco (brañas/turbeiras, humedais, chairas aluviais bosques de galería) axudar a reter a auga na paisaxe estabilizando o ciclo hidrolóxico, reducir a seca que xa se observa nos nosos ecosistemas...
* Prevención activa mediante a xestión sustentable do territorio coa recuperación das comunidades rurais e dos traballos que axudan a estabilizar e restaurar os espazos degradados (recuperación de ecosistemas agro-silvo-pastoril, gandaría extensiva, produtos de calidade, apicultura, traballos tradicionais...)
* Asignación de recursos con apoio orzamentario (na nova estratexia contra os lumes a U.E. acaba de aprobar 14.600 millóns de euros de fondos de cohesión para a xestión de catástrofes e adaptación ao cambio climático -até o 2030-)

Arquivada en:
Infórmate > Noticias