Noticias
© Fundación Juan Soñador | 13/12/2023 | FAIN Santiago 3
Participamos no peche da fase de intervención de FAIN
Proxecto FAIN: Familia e Infancia
12/12/2023 | Santiago de Compostela
A fase de intervención do proxecto FAIN comezou no mes de Febreiro do ano 2023 e finalizou no mes de Outubro do mesmo ano, tendo así unha duración de 9 meses.
Con motivo da finalización desta fase de intervención, o último mércores do mes de novemebro, día 29, tivo lugar en Santiago de Compostela un encontro coas persoas responsables da coordinación deste proxecto a nivel Galicia. A finalidade era realizar unha valoración conxunta sobre as aprendizaxes máis salientables da propia intervención, así como redactar as conclusións globais da xestión do proxecto.
Nos sucesivos meses continúa en activo o traballo relativo á fase de avaliación do proxecto, da que se extraerán datos máis cuantitativos sobre a fase de intervención.
A este encontro asistimos as responsables das sete entidades que executaron o proxecto, tanto a nivel rural coma urbano. A xornada foi introducida polo Director Xeral de Inclusión, Arturo Parrado, e concluída pola Conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias