Accesibilidad

Noticias 

© Plataforma del Tercer Sector | 09/10/2023 | Día Nacional del Tercer Sector

Transformando o noso mundo e facendo da solidariedade e a xustiza social unha realidade cotiá

Celebramos o Día Nacional do Terceiro Sector

09/10/2023

“No Día Nacional do Terceiro Sector queremos unirnos e avanzar colectivamente para poñer en valor a esencia do Terceiro Sector e de todas as persoas que o conformamos. Somos centos de miles de persoas voluntarias, traballadoras, colaboradoras e aliadas comprometidas cunha causa común: construír e consolidar unha sociedade que garanta os dereitos de todas as persoas, en calquera lugar do mundo, que sexa inclusiva, que defenda e promova a igualdade, o respecto á diversidade e a protección do planeta que habitamos. Temos o firme propósito de transformar o noso mundo e facer da solidariedade e a xustiza social unha realidade cotiá”.
Así comeza o manifesto do Día Nacional do Terceiro Sector ó que podes acceder desde este enlace http://www.plataformatercersector.es/sites/default/files/Manifiesto_D%C3%ADa_Nacional_del_Tercer_Sector_2023.pdf
Considérase que coa globalización o desenvolvemento social susténtase na triloxía Estado (Primeiro Sector), Mercado (Segundo Sector) e Sociedade Civil (Terceiro Sector). O terceiro sector está formado por organizacións privadas, sen ánimo de lucro, nacidas da iniciativa cidadá e/ou polo interese de quen traballamos contra a pobreza e a exclusión social. Organizacións que están formalmente constituídas como asociacións, fundacións, entidades relixiosas, cooperativas de iniciativa social, ou ben empresas de inserción.
O Terceiro Sector tende a englobar todo o que non é mercado privado ou Estado, creando un equilibrio entre o sector público e o privado mediante a realización de xestións de carácter privado con fins de interese xeral, é dicir, con fins de interese social.
Pequenas e non tan pequenas organizacións co empeño de construír un medio máis humano temos ido asumindo retos, mesmo alcanzado utopías realizables alentadoras; sen delegar noutras persoas todo aquilo que cada un de nós podemos achegar. Velaquí a forza do Terceiro sector, da cidadanía organizada. Este camiñar, como a vida mesma (non sempre é un camiño de rosas), tamén conta coa aparición de chinches e aliados que á maneira de parasitos (sic) se obcecan con actitudes estúpidas e petulantes en que o posible non sexa probable.
As celebracións, o formar parte de plataformas, o compartir... ven a ser tamén esta axuda a educar a mirada, a comprender, aceptar que así hai de ser para a nosa aprendizaxe e camiñarmos gozando de cada paso do camiño.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias