Noticias
© CDR O Viso | 04/10/2023 | Patas en la fuente
Cando a ética dos coidados inclúe tamén ós animais non humanos
Día mundial dos animais
04/10/2023
O Día Mundial dos animais celebrámolo o 4 de outubro en conmemoración de San Francisco de Asís, o santo patrón dos animais e o medio ambiente, que consideraba que “todos os seres que habitamos a Terra somos criaturas de Deus”. Atopamos que hai máis de 800 anos el xa dicía "que debemos comprender cal é o noso lugar na Terra, porque o noso benestar está conectado ó de todos os animais e o medio ambiente".
A xente que nos criamos nos pobos, as labregas e labregos, con facenda na casa, moi en contacto co medio, sabemos por experiencia que a “familia” era case “multiespecie ou interespecie”. Doutra maneira que non é a actual antropomorfización ou tratar ós animais coma seres humanos nin a cosificación, reducilos á condición de cousa, obxecto. Situados, si, no antropocentrismo, no utilitarismo, con moito que seguir aprendendo, pero valorando os vínculos, os afectos, a comunicación, a atención.
Superar o paradigma antropocéntrico e evolucionar cara o sensocentrista é unha das pautas que na actualidade se estila; una cosmovisión que pretende outorgarlle dereitos a todos os seres vivos sentintes, sobre todo, evitarlles sufrimento, dor, malestar… Reflexionar sobre todo isto, sobre as relacións animal humano e animal non humano, cambiar a perspectiva sen perder o norte pode ser unha das claves para mellorar a nosa humanidade. Sabedores de todo o que nos aportan, compañeirismo, afecto… coidalos responsablemente é o mínimo que se debería esperar de quen se di que somos humanos.
No CDR dentro da Área educativa-ambiental e promoción das contornas rurais dicimos que facemos agro-gandaría, mantemento da diversidade e a paisaxe. Responsabilizámonos dos animais, non mascotas, compañeirxs de vida; procuramos atendelos e participan na nosa actividade cotiá: diferentes aves, coellos, a burra, ovellas, cans, abellas... En harmonía co medio; porque os coidados inclúen o territorio. Non coma un espazo a expoliar senón co vínculo que conleva o saber que forma parte de nós, coa obriga da responsabilidade que xera o aprecio do valioso e a esixencia de corresponder.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias