Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 16/08/2023 | Mateos voluntario

Mateos, novo voluntario

Reforzando o sentimento de utilidade

16/08/2023 | A Limia

Toda persoa precisa recoñecemento e valoración positiva por parte do seu entorno máis próximo e no CDR O Viso somos conscientes dos beneficios de traballar esta área persoal. É por iso, que no plan de vida de Mateos, apostamos por reforzar as súas capacidades a través do voluntariado. Trátase dunha colaboración co propio CDR na que se xestionan alimentos procedentes de doazóns de diversas entidades como Mercadona para que poidan chegar aos domicilios das persoas que máis o necesitan.

Esta labor ven realizándose dende moito tempo atrás pero hoxe celebramos que Mateos comeza a formar parte desta cadea de apoio social!

Estas actuacións enmárcanse no proxecto BIOCOIDADOS: novos modelos de coidado prestados pola comunidade, centrados na persoa, nas contornas rurais; está vinculado ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, da Secretaría de Estado do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, e financiado pola Unión Europea- Next GenerationEU.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias