Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 18/06/2023 | Voluntariado Intergeneracional Limisi

Tecendo alianzas de apoio en comunidade


Participando no Voluntariado Interxeracional de Limisi

18/06/2023 | A Limia

Temos a gran oportunidade de continuar tecendo alianzas que nos axuden a crear comunidade, a colaborar e crear unha sólida rede de apoios para a inclusión social na nosa Comarca.
Proximamente iniciaremos unha nova colaboración con Limisi para participar no seu Programa de Voluntariado Interxeracional.
Con esta colaboración pretendemos promover que persoas, novas e maiores de 65 anos, compartan actividades de interese común, que fagan máis levadía a soidade non desexada ou a situación de dependencia e poidan sentir a fortaleza vital do “ser capaz de axudar a” dunha forma recíproca.
Un equipo de profesionais de Limisi e do CDR O Viso realizaremos tarefas de apoio para que todo poida impulsarse, facer un seguimento e, aos poucos, conseguir que as experiencias compartidas contribúan a xerar unha rede de apoio social saudable e estable no tempo.
Algunhas das actividades que se realizarán co voluntariado interxeracional serán xogar ás cartas, calcetar, pasear, tomar un café nunha terraza, charlar… Acompañar. Iniciamos unha colaboración moi enriquecedora!
Estas actuacións enmárcanse no proxecto BIOCOIDADOS: NOVOS MODELOS DE COIDADO PRESTADOS POLA COMUNIDADE, CENTRADOS NA PERSOA, NAS CONTORNAS RURAIS; está vinculado ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, da Secretaría de Estado do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, e financiado pola Unión Europea- Next GenerationEU.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias