Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 07/04/2026 | Alumar contigo cada día 3

Alumar: contigo cada día

07/04/2026

Quizais coñecías Alumar como algo especial dunha época do ano…
Agora damos un paso máis.
Dende o CDR O Viso, e dentro do proxecto Tecendo Redes. Coidándo-NÓS, Alumar medra e convértese en “Alumar: contigo cada día”, unha liña de acción estable para acompañar ás persoas ao longo de todo o ano.
Hai realidades que ás veces non se ven… pero están aí.
Persoas que pasan os seus días en silencio, con pouca ou ningunha compañía.
Grazas ao servizo de Xantar no fogar que achegamos cada día a tantas casas, fomos conscientes de que moitas persoas só tiñan un momento de conversa ao día. E iso fíxonos actuar.
Agora, chegamos aos fogares non só con recursos, senón tamén con máis tempo, palabras e presenza.
A educadora social Aine Opazo e a traballadora social Tania Feijóo visitan ás persoas para compartir, escoitar e acompañar… porque ás veces, o máis importante é sentir que alguén está aí.
Ademais, estas visitas permiten detectar outras necesidades e ofrecer apoio para facer o día a día máis doado, cómodo e seguro no propio fogar.
Seguimos tecendo redes, creando vínculos e coidándonos entre todas e todos.
Porque ningunha persoa debería sentirse soa.
Se sabes de alguén no teu pobo que precisa asesoramento, axuda, ou detectas algo diferente, contacta con nós.
Moitas veces, as veciñas e veciños somos quen de ver antes esas situacións.
604 019 502 / 988 46 15 71
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias