Noticias
© CDR O Viso | 30/03/2026 | Pobo-escola
Pechadas dende hai semanas as reservas do Pobo-escola para maio e xuño
26/03/2026
O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso volve colgar o cartel de completo no seu programa Pobo Escola, con todas as prazas dos meses de maio e xuño pechadas dende hai semanas. A alta demanda confirma, un ano máis, o interese dos centros educativos por esta proposta de inmersión rural e comunitaria.
Ao longo desta primavera, Lodoselo (Sarreaus) recibirá a 35 escolas, arredor de 1.000 nenos e nenas e máis de 100 docentes, que participarán nunha xornada para coñecer de preto a vida na aldea: as súas xentes, os animais e o entorno natural.
Cunha traxectoria de máis de trinta anos, o Pobo Escola continúa a espertar interese en centros de toda a provincia, dende colexios próximos como o Rosalía de Castro do Limia ata outros máis afastados como o CEIP Bibei de Viana do Bolo.
Como novidade na edición de 2026, incorporarase un Banco de Sementes escolar, unha iniciativa que permitirá a cada centro traballar con especies da súa contorna e intercambialas con outras escolas. Este proxecto xa botou a andar coa colaboración de centros como o CEIP de Maceda, que contribuíu con diferentes variedades vexetais.
Máis alá da primavera, o Pobo Escola forma parte dun proxecto educativo vivo ao longo de todo o ano, no que o CDR O Viso adapta as actividades a grupos diversos interesados en achegarse ao medio rural.
Esta actividade forma parte do programa O noso espazo, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, dentro da subvención para a implantación de programas de interese social con cargo á asignación fiscal do 0,7% do IRPF.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias