Noticias
© Fundación RIA | 18/03/2026 | Mesa de Traballo. Fundación RIA
Participamos na Mesa de Traballo: “Gobernanza e cooperación público-privada para a ordenación territorial”, que coordina a Fundación RIA
18/03/2026 | Santiago de Compostela
O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso foi convidado a participar na Mesa de Traballo: “Gobernanza e cooperación público-privada para a ordenación territorial”, que coordina a Fundación RIA. Esta mesa forma parte dun conxunto doutras impulsadas pola Fundación Juana de Vega e o Laboratorio do Territorio da Universidade de Santiago de Compostela (LaboraTe) no camiño cara o Foro Territorio Rural Resiliente que se celebrará en maio en Santiago de Compostela.
Partindo de que a gobernanza é a colaboración entre administracións públicas e ámbito privado, cómpre definir cal é a súa aplicación práctica. Ademais de considerar dentro do binomio ás entidades do Terceiro Sector coma o propio CDR, cómpre defender o espazo da comunidade e o seu poder tanto nas fases propositivas coma executivas. O pobo, a xente, non pode ser un elemento de consulta, debe ser un axente protagonista á altura do resto. É imperativo superar a visión xerárquica das políticas para corrixir a deriva (social, natural, económica, etc.) á que nos teñen sometido. Os tempos de rexenerar son chegados. A presión contra o medio rural ten esmagado xa moitas iniciativas e actividades. Só nas aldeas sabemos como queremos construír o futuro e pontes.
O CDR sentouse á mesa á beira de proxectos de desenvolvemento rural coma a asociación Daquí Darredor das cociñas colaborativas de Brión, a empresa Daveiga das galletas mariñeiras de Chantada, a Comunidade de Montes en Man Común de Froxán (Lousame), diferentes Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) e Grupos de Acción Local (GAL) ou institucións académicas coma a Universidade de Santiago de Compostela.
Os lumes do ano pasado deixaron, ademais dos moitos dramas, a advertencia clara de que é necesario repensar o presente e o futuro da parte de Galicia que menos se ve.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias