Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 18/03/2026 | Día Mundial do Traballo Social

Celebramos o Día Mundial do Traballo Social

17 de marzo

17/03/2026

Nun Centro de Desenvolvemento Rural o Traballo Social cobra un significado especial: é acompañar ás persoas, fortalecer ás comunidades e tecer redes onde ás veces parece haber distancia. É escoitar, comprender e camiñar xuntas e xuntos para que cada persoa poida vivir con dignidade no lugar que sente como fogar.
O Traballo Social no rural é proximidade, compromiso e esperanza. É poñer en valor ás persoas maiores, apoiar ás familias, abrir oportunidades á mocidade e manter viva a comunidade.
Hoxe queremos recoñecer a todas as profesionais do noso equipo, tamén ás Traballadoras Sociais do C.D.R. O Viso, Tania e Paula, e ás persoas voluntarias que, con sensibilidade e dedicación, constrúen cada día un rural máis xusto, inclusivo e cheo de vida.
Porque coidar das persoas é tamén coidar do territorio. 
Esta actividade forma parte do programa Atención ás necesidades básicas das persoas do medio rural, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, dentro da subvención para a implantación de programas de interese social con cargo á asignación fiscal do 0,7% do IRPF. Xunta de Galicia
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias