Accesibilidad

Noticias 

© pararlaguerra.es | 09/03/2026 | Cartel Hay que parar la guerra. Xinzo

Vémonos en Xinzo de Limia este sábado, día de feira, ás 12h na Praza Maior

Debemos parar a guerra en Oriente Medio (Non esquezades Gaza)

09/03/2026

MANIFESTO
Rexeitamos rotundamente os ataques executados por EEUU e Israel contra Irán, que supoñen unha violación do dereito e a legalidade internacional. Son unha grave ameaza para a paz na rexión e un perigo para a paz mundial.
Condenamos con enerxía o réxime criminal dos aiatolás e o asasinato de miles de persoas nos últimos meses. Todo o noso apoio ao pobo iraniano, e en especial ás mulleres, na súa loita pola democracia e a igualdade. É o pobo iraniano quen debe decidir o seu futuro.
Pero nada xustifica os salvaxes bombardeos de EEUU e Israel co asasinato de centos de inocentes.
Chamamos ás e os demócratas para condenar esta agresión, defender o dereito internacional e traballar por unha paz xusta e duradeira en Oriente Medio, que debe incluír o fin do xenocidio en Gaza e o recoñecemento dos dereitos do pobo palestino de acordo á legalidade internacional.
E chamamos a toda a sociedade a acudir o vindeiro sábado 14 de marzo a todas as concentracións convocadas pola plataforma PararLaGuerra.es en máis de 150 poboacións de todo o país.
 

Vémonos en Xinzo de Limia este sábado, día de feira, ás 12h na Praza Maior.
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias