Noticias
© CDR O Viso | 21/10/2026 | IES Chapela (Redondela- Pontevedra)
O IES Chapela (Redondela- Pontevedra) achégase á realidade educativa e social do CDR O Viso
21/10/2026
Recibimos a visita de 100 alumnos e alumnas do IES Chapela, dos ciclos de Educación Infantil e Atención Sociosanitaria, nunha xornada na que tivemos a oportunidade de compartir moito máis ca os espazos e os proxectos que forman parte do noso día a día. Quixemos achegarlles a realidade do noso traballo, pero tamén transmitirlles aquilo que lle dá sentido: unha maneira de entender o rural como un lugar cheo de posibilidades, onde as persoas, as relacións e os recursos da comunidade se converten en protagonistas.
Organizamos a visita en dous grupos, adaptando o percorrido e as explicacións á formación de cada un deles. Co alumnado de Educación Infantil, descubrimos os espazos que empregamos, entre outras, nas actividades de Pobo Escola e no campamento de Concilia rural, como o forno, as Casas da Memoria ou o xardín sensitivo. Lugares que, máis alá da súa función, se transforman en escenarios de aprendizaxe, descubrimento e convivencia. Porque cremos nunha infancia que necesita experimentar, xogar, explorar e medrar en contacto coa natureza, coas persoas maiores e coa historia do lugar no que vive. Unha educación que sae das aulas para descubrir que toda a aldea pode converterse nun espazo educativo e que a comunidade tamén ten moito que ensinar.
Co grupo de Atención Sociosanitaria, achegámonos aos recursos que acompañan as persoas maiores, visitando o centro de día, a vivenda comunitaria e o programa «Xantar no Fogar». Compartimos a importancia de ofrecer unha atención próxima, centrada nas persoas e nas súas necesidades, que respecte os seus ritmos, promova a súa autonomía vinculada e favoreza que poidan continuar vivindo no seu entorno. Porque coidar non é só atender necesidades: é escoitar, acompañar, crear vínculos e recoñecer o valor de cada persoa, da súa historia e do seu lugar na comunidade.
A través destes dous percorridos, quixemos amosar que, detrás de cada proxecto, hai unha forma de mirar e de comprender a realidade. No CDR traballamos desde a convicción de que o rural non debe ser entendido desde as súas carencias, senón tamén desde a súa capacidade para xerar oportunidades, construír relacións e dar resposta ás necesidades das persoas. Os recursos están aí, pero é a maneira de poñelos en relación, de compartir coñecementos e de crear comunidade a que lles dá un verdadeiro sentido.
A visita do alumnado do IES Chapela foi, así mesmo, unha oportunidade para abrir espazos de encontro entre a formación e a realidade, entre o aprendido e o vivido. Cremos que coñecer de preto experiencias como as que desenvolvemos contribúe a formar profesionais máis conscientes da importancia do acompañamento, da inclusión e do traballo comunitario. E tamén nos permite compartir aprendizaxes, cuestionarnos e seguir construíndo novas formas de facer.
Despedimos esta xornada coa satisfacción de ter compartido o que somos e o que facemos, pero tamén coa certeza de que abrir as portas do CDR é unha maneira de defender e visibilizar o valor do rural. Porque educar, coidar e acompañar son tarefas que van máis alá de calquera servizo: son formas de construír comunidade, de fortalecer os vínculos e de facer posible que todas as persoas poidan desenvolver o seu proxecto de vida no lugar ao que pertencen.
Seguimos traballando para que o rural sexa un espazo de oportunidades, participación e benestar, convencidos de que, cando a comunidade se implica, todo o necesario ten que ser posible.
Esta actividade forma parte do programa Integral, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF.

Arquivada en: