Noticias
© USC | 19/10/2026 | I Seminario Educar e Participar para Transformar. Cartel 1
I Seminario Educar e Participar para Transformar
O tecido asociativo como elemento clave da acción comunitaria
19/10/2026
Despois de termos colaborado no desenvolvemento dunha tese de doutoramento centrada na análise e posta en valor de prácticas de acción comunitaria promovidas pola cidadanía, nomeadamente aquelas que se enmarcan no asociacionismo sociocultural galego recibimos o convite do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da USC para participar no I Seminario “Educar e participar para transformar: o tecido asociativo como elemento clave da acción comunitaria”. Celebrarase os días 20, 21 e 22 de outubro na Facultade de Ciencias da Educación - Campus Vida e nos concellos de Vedra e Ames.
O seminario concíbese como un espazo de aprendizaxe, reflexión e diálogo arredor da participación e, nomeadamente, do asociacionismo. Pretende ser unha oportunidade para a divulgación e a reflexión científica e profesional, especialmente dirixida ao estudantado de Ciencias da Educación, así como aos colectivos e a todas aquelas persoas interesadas nas cuestións relacionadas co desenvolvemento comunitario e a participación social. Na programación contémplanse coloquios, presentación de algunhas das principais achegas da investigación realizada e diferentes espazos para o diálogo e o intercambio.
A nosa participación está enmarcada na xornada do xoves, en Ames. No Relatorio 1: Tecendo redes 3: Visibilizando boas prácticas asociativas galegas – (Sede do tecido asociativo de Bugallido), presentada por Aida Lorenzo Campos aparece o CDR O Viso (Lodoselo- Sarreaus) e a Asociación Cultura Gentalha do Pichel (Santiago de Compostela). O que nos piden é unha presentación e achégannos un guión para en 20 minutos falar da orixe e propósito, as liñas de acción e iniciativas clave; o valor de asociarse; o termómetro da implicación veciñal e o futuro da participación. Tralas presentacións establecerase un espazo de preguntas, intervención e diálogo coas persoas participantes.

Arquivada en: