Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 13/08/2026 | Concilia verán 2026. Mocidade

Mocidade rural activa, o complemento axeitado para o CDR

Necesitamos a intelixencia dos coñecementos e o músculo da ilusión

13/08/2026

O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso quixo nutrir este ano especialmente a aposta colaborativa do seu campamento de verán en Lodoselo polo que ten diferentes liñas de participación da mocidade.
No marco do voluntariado xuvenil decorre o proxecto MOCIDADE LIMIÁ, FUTURO RURAL no que ata oito adolescentes da comarca se teñen sumado ás accións educativas e lúdicas de Lodoselo para apoiar e aprender. Estas acción serven tamén para aumentar o sentimento de pertenza á comunidade.
En paralelo desenvólvese unha nova edición do programa CAMPUS RURAL do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, este ano da man da Universidade de Santiago de Compostela. Deste xeito chegaron unha estudante de Educación Social e unha de Educación Primaria para pasar o verán no CDR.
E finalmente, tres rapazas limiás completarán a súa formación en Tempo Libre coas prácticas en Lodoselo despois de facer a parte teórica na escola de tempo libre ESTOU de Ourense. 
Unha xuventude formada é o garante do futuro rural.
Como organización é un luxo poder contar con xente valente porque necesitamos a intelixencia dos coñecementos e o músculo da ilusión; asumir as polémicas necesarias, cuestionarnos, colaborar polo ben común, transparencia, responsabilidade.
Voluntariado xuvenil: Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento BS320A).

 
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias