Accesibilidad

Axenda de actividades

© CDR O Viso | 12/05/2023 | Cartel Concilia Verano 2023

CONCILIA de Verán en Lodoselo

Para aprendermos, para vivir e compartir

01/07/2023 - 31/08/2023

A NOSA PROPOSTA:

Os pobos resisten con afouteza e con orgullo e nós, con eles e neles. O CDR O Viso aposta pola vida en comunidade e no medio natural e para iso deseña esta proposta de inmersión rural dende un enfoque activo, divertido, amoroso e de convivencia. Para o Concilia de Verán deste ano, o CDR quixo renovar a súa programación e enchela de experiencias significativas de xogo, vivencias e descubrimentos. Lodoselo abre as súas portas á infancia de toda a comarca da Limia para aprender e ensinar. Para vivir e compartir.


E QUE IMOS FACER EN LODOSELO?

Ser nenas e nenos rurais e modern@s. Imos saír de excursión ó monte e á Aula da Natureza. Imos xogar coa auga, aprender a coidala e ir á piscina. Imos coñecer animais, atendelos e aprender deles. Imos experimentar os sentidos no Xardín Sensitivo. Imos apañar froitas e froitos e comelos á sombra. Imos enredar coa terra, manchar as mans e moldear barro. Imos facer equipos e competir. Aprender a gañar e a perder. Imos aprender cousas da xente maior. E ensinarlle algunha. Imos ter días temáticos para disfrazarnos e troulear. Imos amasar e cocer pan como se facía antes. Imos amasar e cocer pizzas e doces como se fai agora. Imos facer xogos de orientación. Imos converternos en dj´s e gravar videoclips. Imos facer isto...e moito máis.

Lugar de celebración:

Arquivada en:
Infórmate > Axenda de Actividades