Accesibilidad

Noticias 

© El País | 29/07/2026 | Pantallazo. Noticia CDR

A revolución dos coidados xa está aquí

https://elpais.com/sociedad/2026-07-29/la-revolucion-de-los-cuidados-ya-esta-aqui-nos-adaptamos-a-lo-que-cada-uno-necesita.html

29/07/2026

Que hoxe, 29 de xullo, El País sitúe a revolución dos coidados en Lodoselo, no Centro de día, é ... unha esaxeración.  Que na edición de El País dixital apareza con este título: La revolución de los cuidados ya está aquí: “Nos adaptamos a lo que cada uno necesita” e a foto de cinco veciñas/os compartindo portada cunha noticia nacional (sobre a presidencia do goberno español), internacional (Rusia e Corea) e a detención dun home relacionada coa morte da súa  parella (maldita ruindade!) é un motivo de alegría para nós.
Celebrámolo pero a nosa cultura non é a da visibilidade (importa cantos te ven) senón a do ben ser e do ben facer. Sermos éticos, actuar sabendo que nunca actuamos de todo ben
Xunto a outras dúas experiencias (Fundación Matia, Deputación de Gipuzkoa e a Confederación Autismo, que engloba á asociación ProTGD) preséntannos como espazos onde poñerlle caras e voz ó que pode vir; a filosofía de darlle voz ás persoas participantes, capacidade de decisión sobre o seu proxecto vital, poder combinar axudas e contar con máis apoios. O motivo? A nova lei de dependencia, que se está tramitando e que reforma as normas de discapacidade e dependencia.
Grazas porque dalgunha maneira se teña en conta a nosa achega; que os coidados tamén son un proceso colectivo que require transformar a cultura social, compartir saberes e construír modelos dende a comunidade.
 
https://www.cdroviso.org/files/mscoviso/2026-7/29-11-58-9.admin.El_Pas_29_de_xullo.pdf

Arquivada en:
Infórmate > Noticias