Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 09/07/2026 | P. Deputación. Cartel 2026

A Deputación de Ourense apoia, un ano máis, o Proxecto Integral de Intervención Comunitaria na Comarca da Limia – Servizos de Proximidade

Presencia e atención

09/07/2026

O C.D.R. O Viso vén de resultar beneficiario, un ano máis, da convocatoria de subvencións da Deputación de Ourense destinada a entidades sociais sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de carácter social durante o ano 2026.
Grazas a esta colaboración, podemos seguir desenvolvendo o Proxecto Integral de Intervención Comunitaria na Comarca da Limia – Servizos de Proximidade, unha iniciativa orientada a mellorar a calidade de vida das persoas do medio rural, promovendo unha atención de proximidade, integral e centrada na persoa.
A través deste proxecto seguirán ofrecéndose servizos de proximidade, atención terapéutica, actividades de promoción da autonomía persoal, acompañamento, integración sociolaboral e outras actuacións destinadas a favorecer a inclusión social, a participación activa na comunidade e a permanencia das persoas no seu contorno habitual.
Queremos agradecer á Deputación de Ourense o seu apoio e a confianza depositada, un ano máis, neste proxecto, que nos permite seguir traballando por un medio rural máis inclusivo, accesible e comprometido co benestar das persoas.
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias