Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 23/04/2026 | Regularización extraordinaria 1

O CDR O Viso é entidade colaboradora de extranxeiría

Situacións extraordinarias requiren respostas extraordinarias

23/04/2026

O equipo do CDR xa está mans á obra para apoiar ás persoas e familias que teñen a oportunidade de regularizar a súa situación. Veciñas e veciños da Limia que poderán ser, por fin, cidadanía de pleno dereito/deber e incorporarse á vida laboral, por exemplo.
Preparamos esta infografía básica como guía e temos as portas abertas para acompañar a todas as persoas da comarca neste procedemento.
 
Fontes oficiais (cita previa):
https://www.inclusion.gob.es/formulario-cita-previa-regularizacion-extraordinaria-2026
Recomendamos consultar sempre as fontes oficiais, xa que pode haber cambios ou erros na información.
Lembramos a importancia de acudir a fontes fiables e entidades de confianza para recibir información e acompañamento adecuados neste proceso.
#CDROViso #ALimia #Extranxeiría #Regularización #Dereitos/Deberes
 
Esta actividade é posible grazas á CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE. ORDE do 23 de maio de 2025 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades privadas de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2025 a 2027, cofinanciada parcialmente pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS631A).
https://www.laregion.es/ourense/infografia-claves-regularizacion-ourense_1_20260427-4253063.html
 


 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias