Accesibilidad

Noticias 

© EAPN | 25/09/2025 | EAPN Orgullo terceiro sector

Campaña #Orgullo Terceiro Sector

Achegando o labor das entidades sociais á cidadanía

25/09/2025

EAPN Galicia vén de lanzar a campaña #Orgullo Terceiro Sector para reivindicar o labor das entidades sociais como un dos axentes fundamentais na transformación social e na prestación de servizos sociais, acceso ó emprego ou á vivenda.
Ó, a veces, escaso coñecemento súmase a existencia de prexuízos cara o traballo das entidades que conforman o Terceiro Sector. A isto engádese o feito de non consideralo como un axente económico esencial que crea emprego e riqueza. Resultado desta idea son as discriminacións nalgunhas convocatorias, nas que non se ten en conta as características das entidades sociais e os perfís cos que se traballa.
As entidades que forman parte do Terceiro Sector de Acción Social son un axente máis do sistema de servizos sociais, de emprego, acceso á vivenda, sanidade, etc. Caracterízanse por unha atención individualizada e integral, poñendo o foco na persoa, respectando tempos de intervención e as súas casuísticas. O sistema de traballo nos servizos sociais, pola súa idiosincrasia, non sempre posibilita esta atención centrada na persoa, como si o fan as entidades do Terceiro Sector.
O “Barómetro del Tercer Sector de Acción Social en España 2024” publicado pola Plataforma de ONG de Acción Social revelou que o Terceiro Sector move máis do 2% do PIB en España, traducidos en máis de 19 mil millóns de euros que ingresa anualmente este sector. Segundo este estudo, realizáronse 47 millóns de intervencións no ano 2023.
Ademais de desempeñar un papel esencial na defensa dos dereitos sociais das persoas máis vulnerables da poboación, contribúe na xeración de emprego: neste último ano máis de 600.000 persoas estiveron empregadas e 1,4 millóns traballaron de forma voluntaria.
https://eapn-galicia.com/wp-content/uploads/2025/09/Pilula-1_-Que-e-o-Terceiro-Sector-1.mp4?_=1
EAPN Galicia Rede técena entidades como Accem, Acción contra a Fame, Asemblea de Cooperación pola Paz, AGARESO (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social), Arela, Asociación de Empresas de Inserción de Galicia – AEIGA, Asociación de Migrantes de Galicia – AMIGA, Asociación para a prevención e a educación social – APES, Axuda en Acción, Federación Autismo Galicia, Boa Vida Inclusión Activa, Cáritas Lugo, Cáritas Mondoñedo-Ferrol, Cáritas Ourense, Cáritas Tui-Vigo, CDR O Viso, CDR Portas Abertas, COGAMI, Dano Cerebral Galicia, Down Galicia, Fundación ECCA Social, Ecos do Sur, Emaús Galicia, Fundación Amaranta, Fundación Érguete Integración, Fundación Esplai, Federación Alzheimer Galicia – FAGAL, Hogar Sí, Fundación JuanSoñador, Fundación Meniños ,Fundación Ronsel, Fundación Secretariado Gitano, Igaxes, Médicos do Mundo, Movemento pola Paz, o Desarme e a Libertade (MPDL), ONG Mestura, Poten100mos, Provivienda e Saúde Mental FEAFES.
Malia traballar con distintos grupos poboacionais en situación de vulnerabilidade, todas elas teñen presente a causa común: a defensa pola igualdade, os dereitos e a xustiza social.

 
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias