Nos seus anos de existencia o Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso”, seguindo a máxima, “O que é necesario é posible e ademais realizable”, foi acadando certos logros co devenir dos anos. A continuación achégase un breve resumo destes hitos alcanzados:
1985
Constitución da Asociación Cultural “O Cruceiro”, precursora da entidade actual.
1990
Constitución do Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso”.
1997
Premio "Promoción da Terra 1997”- Irmandade Moncho Valcarce
1998
Apertura do Comedor Social e Comunitario.
2000
Apertura do Centro de Información Xuvenil e Comunitario (actualmente é o único da comunidade autónoma que non pertence a ningún organismo público).
2002
Inauguración da Vivenda Comunitaria “A túa outra casa”.
2010
Declaración de Entidade de Utilidade Pública.
2012
Inauguración do Centro de Día Lodoselo.
Premio ó "Desarrollo Rural Macario Asenjo Ponce" na categoría Nacional, outorgado pola Fundación do mesmo nome.
2013
Participación no Programa europeo Symbios.
2015
Incorporamos o programa de Educación Infantil Familiar na Limia (que veu facendo ata o 2012 o Preescolar na Casa)
2017
Constituímos unha agrupación de asociacións, a "Asociación Rural Terra e Xente" que aúna a catro entidades sociais que traballamos no medio rural galego: O Centro de Desenvolvemento Rural Ancares, a Asociación Euro Eume, o Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas e o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso.
2019
Abre as portas a Casa Niño Lodoselo: incorporamos ó proxecto do CDR este novo programa educativo (etapa 0-3).
El desarrollo de esta WEB ha sido posible gracias al mecenazgo de la Fundacion Barrie y la RSC de Edisa:
MAPA WEB
ACCESIBILIDAD WEB
AVISO LEGAL
POLITICA DE COOKIES
LICENCIA