Noticias
© CDR O Viso | 15/10/2025 | Tecedoira. Furgoneta
Unha furgoneta que tece redes e sementa comunidade: o motor humano de Tecendo Redes, Coidando-Nós.
15/10/2025
Na nosa terra, onde as aldeas se espallan entre montes e veigas e o silencio das casas baleiras fala máis alto ca calquera palabra, naceu Tecendo Redes, Coidando-Nós, un proxecto que leva a calor humana alí onde máis falta fai. E se hai unha protagonista que merece ser nomeada con honra neste camiño, é a nosa furgoneta.
Non é só un vehículo: é o fío que nos permite entrelazar vidas, abrazar soidades e sementar comunidade. Grazas a ela puidemos achegarnos ás parroquias da comarca da Limia, a eses recunchos esquecidos onde o tempo vai máis amodo e as persoas maiores agardan, ás veces en silencio, un pouco de compañía, unha conversa ou unha man amiga.
Con ela levamos ilusión, actividades e, sobre todo, presenza. Presenza real, comprometida e cercana. Moitas das persoas que atopamos viven soas, sen familia preto, sen quen as leve ao médico ou lles pregunte “como estás?”. A súa porta ábrese sempre cun sorriso, e cada parada convértese nunha oportunidade para crear lazos, escoitar historias e coidar(nos).
A súa ruta non segue só estradas: percorre camiños invisibles entre persoas, constrúe redes de afecto e solidariedade. Por iso hoxe queremos darlle o lugar que merece. Porque sen ela moitas das nosas accións non serían posibles. Grazas á súa presenza, o proxecto non é só un soño, senón unha realidade viva que latexa en cada aldea da Limia.
A furgoneta de Tecendo Redes, Coidando-Nós é, ao fin, un símbolo do que queremos ser: movemento, compromiso e esperanza. Seguimos o camiño con ela como compañeira fiel, para continuar tecendo redes e coidando(nós) cada día, en cada lugar.
#ConvocatoriasProyectosSociales #FundaciónlaCaixa #ProyectosSocialesGalicia2024 Fundación "la Caixa"

Arquivada en:
Infórmate > Noticias