Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 06/04/2025 | Cartel Limpando o Camiño 1

Limpando o Camiño

Organizamos, de novo, unha recollida de lixo comunitaria en colaboración co Concello de Sandiás

06/04/2025

O vindeiro sábado, 12 de abril de 2025, o CDR O VISO en colaboración co Concello de Sandiás, levará a cabo unha xornada de recollida de lixo comunitaria nun tramo circular de 5 km no entorno natural das Areeiras da Limia, consideradas como Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA). No seu pasado e presente foron e son explotacións extractivas de area a ceo aberto, sendo posteriormente abandonadas para a súa futura transformación en ecosistemas lénticos para a recuperación da biodiversidade.
A recollida, que está aberta á participación de todos os veciños e veciñas de Sandiás e dos municipios próximos, comezará ás 11:00 horas. Antes de iniciar a recollida de residuos, os organizadores ofrecerán unha breve introdución de boas practicas e como vai ser o desenvolvemento da actividade. Proporcionaranse materiais de limpeza, como luvas e bolsas, para garantir o bo desenvolvemento da actividade e rematará cunha pequena merendola, para recuperar as forzas despois do traballo realizado.
Os obxectivos da xornada son:
•Promover a conciencia ambiental entre as persoas participantes e a súa colaboración na protección e conservación de espazos naturais.
•Fomentar a inclusión de todas as persoas, garantindo unha participación equitativa, para fortalecer o tecido social.
•Limpar e restaurar o entorno natural, un hábitat de alto valor ecolóxico.
Ó ser un espacio algo laberíntico e ter que ir en coche para chegar ata o punto de partida da ruta, propomos dous puntos de encontro:
- Punto de encontro Sandiás as 10:45: Campo de San Nicolás, 2, Sandiás.
- Punto de encontro Xinzo as 10:45: Rúa Sitibal, 1, 32630 Xinzo de Limia.
Esta actividade forma parte das accións conxuntas para fomentar a concienciación ambiental e o desenvolvemento sostible, co obxectivo de protexer e preservar o patrimonio natural da rexión.
A inscrición é gratuíta e pode realizarse previamente nas oficinas do Concello de Sandiás (988465001) ou a través do correo electrónico do CDR (areaambiental@cdroviso.org) ou ó (988461571). A fecha limite de inscripción é o día 10 de abril.
Esta acción forma parte do Programa Voluntariado Ambiental, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, dentro da subvención para a implantación de programas de interese social con cargo á asignación fiscal do 0,7% do IRPF.
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias