Noticias
© CDR Portas Abertas e CDR O Viso | 29/03/2025 | É por vir. Cartel
A Limia e Verín-Monterrei da man polo futuro no rural
29/03/2025
Os Centros de Desenvolvemento Rural Portas Abertas (Verín) e O Viso (A Limia) presentarán este luns, coincidindo co día europeo da loita contra o despoboamento, unha campaña de comunicación de aposta polo rural baixo a denominación “É POR VIR, o rural ten futuro eiquí”
Os dous CDR da provincia xuntan desta maneira forzas para difundir unha campaña “en positivo na que presumir do orgullo de escoller o rural” segundo Alba Balboa, facilitadora rural do CDR Portas Abertas.
A campaña defende o dereito a vivir no medio rural e as vantaxes de escollelo diante de opcións urbanas e ponse o foco sobre as Administracións e a súa responsabilidade na defensa dos servizos nos pobos, extremo indispensable para garantir a posibilidade de vivir neles. “Ser pouca xente non resta dereitos” explica Mila Rodríguez, facilitadora do CDR O Viso ó tempo que advirte que “a opción de residencia vangardista é o rural ó ser unha escolla estable e sustentable nun contexsto socioeconómico incerto. A primeira fase da campaña é a presentación da imaxe gráfica cun cartel e logo que representan os valores do traballo dos dous Centros de Desenvolvemento Rural e por tanto, do potencial das comarcas da Limia e de Verín. Seguirán fases que inclúen a información técnica para desmitificación dos medos a dispoñibilizar vivendas ou a adhesión de personaxes recoñecibles no panorama galego.
Alba Balboa defende a inclusión da palabra “eiquí” como “un símbolo do orgullo da nosa variante dialectal, inseparable dos nosos pobos”.
El programa de sensibilización y concienciación sobre la despoblación y la necesidad de emprendimiento rural en el medio rural, impulsado por COCEDER, está financiado por el Ministerio de Derechos Sociales, Consumo y Agenda 2030, dentro de los programas de interés social, con cargo a la asignación tributaria del 0,7% del IRPF y el programa vivienda rural, proyectos piloto para su liberación y rehabilitación está financiado por el Ministerio de Derechos Sociales, Consumo y Agenda 2030 para la realización de actividades relacionadas con la promoción e implementación de la Agenda 2030 para el Desarrollo Sostenible de España.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias