Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 28/02/2025 | Apañando grelos 1

Quedada para coller nabizas e grelos

28/02/2025

Este xoves, 27 de febreiro, algunhas persoas do CDR O Viso (entre o persoal laboral e voluntariado) tivemos unha cita no Carballo, a Veiga de Lodoselo para coller nabizas e grelos.
Xa é unha costume que todos os anos por estas datas saquemos un tempo, aparcando outras labores, para irmos ás parcelas do José Antonio (Pradés) a coller esta apreciada verdura e encher algún conxelador para que nos nosos menús do xantar no fogar, que repartimos por moitos domicilios da Limia, e no Centro de día, non falte, ó longo do ano, o nos famoso caldo de nabizas e grelos. Tamén para os grupos que pasan polo albergue do Pobo ecola.
Persoal da cociña, do Centro de día, voluntariado... tivemos este ano a primeira das quedadas e trouxemos un moi bo material que agora se vai preparando (limpando, escaldando e conxelando). Alimentos que son máis que produtos de consumo; que se producen grazas ó coidado do chan, as sementes, o sol, a auga, o traballo do labrego (grazas José Antonio!). Sermos rurais é tamén non perder esta conexión coa terra; co chan fértil e coas plantas saudables. E procurarmos alimentos que sexan a fonte principal de saúde e benestar.
 
 

Arquivada en: