Noticias
© CDR O Viso | 03/07/2025 | Ximnasia no Cdd
Descanso estival para as actividades de ximnasia e memoria en Lodoselo
03/07/2025
O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso vén de clausurar a tempada de actividades vespertinas que acompañan cada ano entre outono e a primavera ás persoas de Lodoselo e outras aldeas veciñas.
Os grupos, maioritariamente formados por mulleres, participaron en sesións de exercicio físico e de estimulación cognitiva adaptado as súas necesidades e intereses, facendo as adaptacións requiridas permanentemente. Con todo, o verdadeiro valor da proposta é a convivencia, a consolidación ou a creación de vínculos entre as veciñas, creando comunidade e mantendo o rural vivo e activo en pro da saúde, tanto física como mental. A actividade serviu como espazo de encontro, conversa e apoio mutuo, favorecendo o benestar emocional das participantes. O impacto positivo percibiuse tanto a nivel individual como colectivo, reforzando o tecido social da comunidade e combatendo a soidade no rural, destacando a importancia de manter vivas estas xuntanzas como motor de participación comunitario. Esta experiencia confirma que o envellecemento activo vai máis alá do físico: é tamén conexión e pertenza.
O CDR O Viso agradece a implicación das mulleres de Lodoselo e arredores e reafirma o seu compromiso co rural vivo.
Esta actividade forma parte do programa Aldeas Activas e Saudables, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, dentro da subvención para a implantación de programas de interese social con cargo á asignación fiscal do 0,7% do IRPF.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias