Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 24/06/2025 | Encontro EIF 2025 1

Un día en familia en Lodoselo

A pedagoxía do querer: amar educa

23/06/2025

Un venres distinto, cheo de vida compartida, onde cantamos, xogamos, rimos e tamén nos escoitamos. Brindamos por sermos familias no rural implicadas na educación en comunidade.
Foi moito máis ca unha actividade: foi un espazo para reencontrarnos como comunidade, para vernos e recoñecernos entre xeracións, arredor da música, do xogo e do coidado.
Porque cando hai agarimo, todo flúe. Porque unha tarde calquera tamén pode un espazo para construír xuntas e xuntos.
Grazas a todas as persoas que viñestes, que cantastes, que botastes unha man e que fixestes que este tarde, véspera do solsticio do verán, en Lodoselo fose tan especial.
Esta actividade forma parte do programa Familia e Comunidade, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, dentro da subvención para a implantación de programas de interese social con cargo á asignación fiscal.

 
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias