Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 04/06/2025 | Acompañamentos

Acompañamentos que suman no día a día

Practicando o cariño para manternos vivos, ditosas e ditosos

04/06/2025

O programa naceu co obxectivo de facilitar o día a día das persoas que precisan compañía e apoio para realizar xestións, acudir a citas ou simplemente compartir un intre. Está pensado tanto para persoas maiores como para aquelas que viven soas ou en situacións de especial vulnerabilidade.
Realizamos acompañamentos a consultas médicas, hospitalizacións, revisións, vacinacións, farmacia, trámites administrativos ou calquera outra necesidade que poida xurdir. Pero tamén hai momentos máis cotiáns, como cando levamos a Xulio a escoller as súas novas gafas. Pequenas accións que, no fondo, marcan a diferenza.
O servizo adáptase ao ritmo e ás circunstancias de cada persoa, ofrecendo apoio de maneira próxima, humana e sen présas.
Ás veces o máis importante non é o destino, senón ter con quen facer o camiño.
A compañía tamén é unha forma de coidar. E aquí, ninguén queda atrás.
Esta actividade forma parte do programa Vou Contigo, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, dentro da subvención para a implantación de programas de interese social con cargo á asignación fiscal do 0,7 % do IRPF.
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias