Noticias
© CDR O Viso | 29/05/2025 | IES Aves
Xuntarse para voar máis alto
Sen ser dinosauros terópodos nin parentes dos crocodilos
29/05/2025
O alumnado de bioloxía de segundo de secundaria dos IES Lagoa de Antela de Xinzo e o IES de Allariz viviu o pasado luns, 26 de maio, en Lodoselo, unha xornada lectiva especial.
Recibir á xuventude é recibir a súa enerxía, o seu ímpeto e a súa curiosidade así que debuxábase un día esixente que se tornou en pracer por practicar e aprender reciprocamente. Dende a SGHN sección Antela e o CDR O Viso presentámoslle una proposta para coñecemento das aves do entorno máis inmediato e unha visita guiada. Un novo amigo do CDR, Javier de las Heras, sempre amable e solícito a calquera actividade que signifique ensinar, amar, acercarse e respectar o medio natural, aceptou o noso convite con toda a xenerosidade coa que el é capaz e compartiu connosco un cachiño do moito que sabe de paxaros e natureza e fixémolo sen medo á didáctica expositiva combinada coa experimentación de campo.
As leccións maxistrais seguen estando en pleno vigor se se executan dende o coñecemento profundo e a empatía, como foi esta. Achegounos unha presentación con numerosas imaxes de aves próximas a nós, moitas que pasan desapercibidas polo seu tamaño, pero cheas de cores e formas como se viviran en selvas distantes. Foi unha charla inmersiva, con aves situadas no seu hábitat natural, con sons dos paxaros e diferentes cantos segundo o seu estado, con numerosas anécdotas que a rapazada escoitou con moita atención, facéndolles participar con anécdotas para o seguimento da mensaxe que pretendía transmitir.
Engaiolou ás rapazas e rapaces para explicar, paradoxicamente, como os paxaros son felices fóra das gaiolas. Fóra, xa ó aire libre e paseando polos carreiros, vimos cos ollos e cos oídos a festa que traían os paxaros que habitan a Limia, canda nós, estes días. Andamos por camiños de terra e adentrámonos entre os soutos de castiñeiros a través de sendas con valados de pedras e árbores lonxevos ao redor. Durante esta visita vimos voar, vimos pousadas nas polas, sebes e paos diferentes aves e sobre todo Javier escoitou aqueles sons que só el é capaz de percibir. Así foron descubrindo un mundo que esperamos lles enganchara e que algún delxs se inicie nesta actividade marabillosa que é coñecer os nosos compañeiros da aventura que é a vida, respectando e intentando conservar para os que veñan detrás de nós a ser posible un mundo un pouco mellor que o que atopamos.
Esta actividade experimental foi o complemento perfecto ó noso xardín sensitivo, que comeza a estar espléndido a pesar de non ter aínda nada co que adestrar o gusto. Amorodos, grosellas e moras están aínda querendo asomar así que usamos o forno para aprender, enredar e relamber.
A mocidade segue querendo aprender máis do seu propio medio, o rural. Será que as persoas adultas non estamos sabendo ser escolas? Moitas grazas Javier, Tomás, profesorado e alumnado dos IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia e Allariz por facer posible esta espectacular xornada.

Esta actividade forma parte do programa O noso espazo, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, dentro da subvención para a implantación de programas de interese social con cargo á asignación fiscal do 0,7% do IRPF
Arquivada en:
Infórmate > Noticias