Noticias
© COCEDER | 27/05/2025 | Asamblea La Safor
Participamos na Asemblea Xeral (XXXV edición) de COCEDER
Celebrada en Beniarjó (Valencia)
26/05/2025
Todos, representados os 24 CDR (dos persoas por Centro) que conformamos a Confederación e co CDR A Safor exercendo como anfitrión polo 50 aniversario da Escola FP A Safor.
Foron os días 21 e 22 maio e cos temas típicos destas asembleas: informacións dos acordos e actividades da Xerencia, das convocatorias autonómicas e estatais dos programas financiados polo IRPF; as avaliacións dos programas do ano pasado como Biocuidados, modernización e transformación dixital e os programas europeos do FSE+, entre outros; a memoria de actividades, a memoria económica, o orzamento e as contas anuais; os distintos plans: operativo, de transformación dixital, igualdade, o novo plan de formación, actualización do plan ambiental; traballo das comisións, o resultado das enquisas de satisfacción, suxestións, queixas e reclamacións...
Visitamos e gozamos dun percorrido pola Escola FP A Safor; orixe aquí das escolas rurais e centros de desenvolvemento rural. Guiados por Isabel Díaz e Ferrán Martínez, membros xubilados, Ann Fuester, directora actual da escola e Óscar Peñalver, presidente do CDR A Safor. Acabamos a xornada ceando os produtos típicos de cada zona, coa actuación de Ona Nua e realizando un emotivo recoñecemento a catro persoas que se xubilaron tras anos traballando nos seus centros de desenvolvemento rural. Ter a sorte de coñecelos, estar e saber da súa presenza todos estes anos nos seus territorios (Pilar – Cultural Grío , Uxi - Carrión de los Condes, Nicolás - Amanzor e Carles - L´Olivera) foi, é, unha maneira de coidar a nosa capacidade de admirar, de marabillarnos. Grazas.
E aprobamos a proposta para realizar o próximo ano esta asemblea no CDR O Prial (Infiesto, Asturias) con motivo tamén dos 50 anos da súa constitución.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias