Noticias
© CDR O Viso | 29/04/2025 | A. Trascos Ourense p
“O pan non se dá, o pan gáñase”
En Lodoselo gáñanse pan e amizades
29/04/2025
Esta frase regaláronnola onte dous amigos da Asociación Trascos (ASOCIACIÓN DE FAMILIAS, PROFESIONAIS E INVESTIGADORES/AS DE PERSOAS CON TRASTORNO DO ESPECTRO AUTISTA DE OURENSE (TRASCOS).
Vaia xornada de traballo máis proveitosa vivimos en Lodoselo esta fin de semana. Un día enteiro animando ós e ás participantes a implicarse nas actividades do Pobo Escola foron resumidas con esa frase por un dos “idénticos”, dous xemelgos de Toén que comandaron unha expedición chea de xente ben traballadora.
Con esta frase estableceron tamén unha liña imaxinaria, unha fronteira, entre a rapazada e as súas familias que acompañaron ó grupo pero sen manchar as mans. Sen amasar nin terra nin pan. Cada actividade foi máis celebrada que a anterior e a todo lle atoparon sentido e divertimento. Incluso o Ares. Especialmente o Ares. Coa mesma dificultade que o último añiño que naceu e que coxea algo, paseou Lodoselo eufórico para abrir portas e derrubar obstáculos.
En Lodoselo gáñanse pan e amizades.
Esta actividade forma parte do Programa O noso espazo, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, dentro da subvención para a implantación de programas de interese social con cargo á asignación fiscal do 0,7% do IRPF.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias