Noticias
© CDR O Viso | 26/04/2025 | Pobo escola abril 2025 1
Unha aula natural, o compromiso educativo do CDR
Recuperando para a acción educativa o patrimonio cultural e social da comunidade rural
26/04/2025
O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso inaugura unha nova campaña do Pobo Escola, a actividade senlleira que percorre a aldea de Lodoselo coa participación de escolares de toda a provincia. Aberto todo o ano é neste terceiro trimestre do curso cando a maioría dos Centros escolares teñen reservadas estas datas para vir e coñecer, experimentar o efecto que os espazos teñen sobre os que os habitamos.
“Os recursos educativos do medio rural son infinitos e queremos inculcar os beneficios de adestrar os cinco sentidos para aproveitalos”, explica Andrés Bobe, educador do proxecto. Prevese a visita de cincuenta centros educativos ao longo da primavera, que chegarán a Lodoselo de diferentes puntos da provincia para vivir unha xornada de inmersión na vida da aldea.
O CDR O Viso mantén o seu compromiso coas actividades que fixeron posible que o Pobo Escola siga vivo despois de máis de tres décadas, incorporando melloras e adaptacións continuas, moitas delas froito das propostas das persoas visitantes. Así, a fornada tradicional volverá acender o forno comunal e encher os fogares co arrecendo do pan acabado de facer.
A xornada inclúe tamén momentos para a convivencia interxeracional, a exploración do xardín sensitivo, o coidado dos animais e a plantación de árbores autóctonas.
Ademais do equipo educativo, o Pobo Escola é un espazo de participación activa para persoas voluntarias de Lodoselo e de toda a comarca da Limia, que fan posible que este proxecto siga sendo un punto de encontro, aprendizaxe e transmisión dos saberes do rural.
Esta actividade forma parte do Programa O noso espazo, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, dentro da subvención para a implantación de programas de interese social con cargo á asignación fiscal do 0,7% do IRPF.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias